Sin pijama


Hoxe é o día das mil romarías. Do millón de festas. Do billón de verbenas e concertos. Hai oferta para todos os gustos en toda Galicia na semana na que gastamos millóns de euros -cifra incalculable con todo o que se move en negro- en música; unha mágoa en que tipos de música nalgúns casos. Porque no mesmo día en que os concellos divulgan a súa adhesión á campaña impulsada pola Xunta e a Fegamp para encher de carteis as festas con mensaxes en contra da violencia machista (benvida sexa a iniciativa), os mesmos concellos pagan a ducias de orquestras para que canten (entre outras) reguetón cheo de letras machistas nas que as mulleres son a cousa (si, cousa) máis sumisa do mundo e os homes un fato de bestas que parece que nunca civilización viron. É a mesma música que soa en bucle nas atraccións de feira, e o que é peor, a mesma que saben os cativos da casa porque son as que lles poñen nas galas escolares. ¿Será preciso? Sin pijama soaba incesante no tren que levaba aos cativos ata a Feira do Viño de Valdeorras. ¿E logo xa non hai cancións infantís? Que queren ritmos de reguetón, pois hai tamén cancións que non teñen letras machistas. Porque de pouco vale un cartel dicindo que hai que respectar ás mulleres como iguais (nesas estamos en 2018) se despois os meniños cantan desde ben cativos mensaxes sexistas e machistas. Porque claro, ¿van quedar máis ca mensaxe dun cartel que non len que co que cantan desde que deixan os cueiros? Xa de adultos cada un que escoite o que queira... aínda que produza mágoa ver unha praza de Viana do Bolo case baleira con Mitic fronte a outra ateigada de xente coa Olympus en Celanova.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sin pijama