Viana prepara diversos actos para celebrar as Letras Galegas

La Voz OURENSE

VIANA DO BOLO

O día 17 haberá un homenaxe e xogos populares

09 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O instituto Carlos Casares de Viana do Bolo leva o seu nome porque el foi profesor alí. A localidade celebrará, pois, con especial intensidade o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a súa figura. O Concello ten preparado un amplo programa para elo. Así, o domingo 14 haberá un monólogo de Carlos Blanco. O propio día 17 terá lugar unha homenaxe a Casares coa lectura das súas obras na praza Maior e xogos populares co agasallo dunha obra súa aos participantes. O día 18 haberá un concerto da asociación cultural Candea, o 19 unha charla con Xosé Carlos Caneiro, o 27 un concerto do Orfeón Vianés e o día 30 unha obra de teatro.