Preparando o 25 aniversario

La Voz

VIANA DO BOLO

28 abr 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Un cuarto de século dá para moito. De feito, Manuel Anxo Durán xa sinala esa cifra como un logro. «Nunca pensei en chegar aos 25 anos», di, para seguir: «nin gravar un disco (e teñen dous, e unha colaboración nun terceiro), nin os premios, nin os concertos por todo o Estado e tamén no estranxeiro». Iso e máis de trescentos alumnos. «No Concello da Rúa case non hai ningunha familia que non tivera a alguén que pasara pola escola, máis ou menos tempo», apunta. Agora acoden rapaces e adultos de toda a comarca, e Durán vai os mércores a Celavante (O Bolo) e os xoves a Viana para dar clases. O 25 aniversario será un gran acto na fin de semana do 15 de agosto. «A miña idea é xuntar ao máximo posible de alumnos, e niso estamos traballando», avanza.