O FIC Vía XIV acolleu a estrea do documental sobre a banda de gaitas Nova Era de Verín

La Voz OURENSE

VERÍN

El FIC Verín celebra su novena edición
El FIC Verín celebra su novena edición Cedida

No día da súa apertura proxectáronse curtas das seccións oficiais A Raia e Horizonte

01 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival Internacional de Curtas de Verín xa está a pleno rendemento despois dunha xornada inaugural —a da noite do venres— que se caracterizou pola importante participación do público e un sábado no que Xosé Antonio Touriñán e a cociñeira Begoña Vázquez foron algúns dos protagonistas.

No día da súa apertura proxectáronse curtas das seccións oficiais A Raia e Horizontes e houbo unha estrea que contou cun especial significado para o FIC Verín, a do documental oriXes: Dez anos de Nova Era. O traballo fai un percorrido pola historia da banda de gaitas «que marcou un antes e un despois no panorama cultural da vila». Logo da proxección houbo un coloquio con membros da formación e durante a mesma anunciouse que xa está en Spotify a banda sonora do documental e que Nova Era ofrecerá no Nadal un concerto para celebrar os dez anos.