Aberto o prazo para os postos da Festa da cervexa de Verín

La Voz

VERÍN

Festa da cervexa de Verín
Festa da cervexa de Verín Cedida

A celebración será os días 13 e 14 de outubro

20 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 30 de setembro • Concello de Verín • A festa será os días 13 e 14 de outubro • O Concello de Verín abriu o prazo para solicitar a instalacións de postos de cervexa e de comida na próxima edición da Festa da cervexa. Desenvolverase os días 13 e 14 de outubro no parque da Preguiza. Poderán participar na mesma todas aquelas cervexeiras e postos de alimentación que o desexen. Será de balde pero haberá que cumprir unha serie de requisitos que figuran nas bases da convocatoria e que se deberán acreditar á hora de formalizar a inscrición.

 

Quen desexe contar con posto na terceira edición da Festa da cervexa de Verín deberá estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe da actividade que desenvolva. Os solicitantes tamén deberán estar dados de alta na Seguridade Social e ao corrente no pago das obrigas fiscais correspondentes.