Alberte Blanco presenta o seu libro «Xeopolítica, pandemia e pos-capitalismo»

La Voz

VERÍN

alberte blanco

A Casa da Cultura de Verín acollerá o acto

10 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Cultura de Verín acolle a presentación da nova obra de Alberte Blanco. «Xeopolítica, pandemia e pos-capitalismo» é un libro editado por Xerais en marzo deste ano e a presentación do ensaio foise adiando por mor da pandemia do coronavirus. O acto desenvolverase este xoves, a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura de Verín. Alberte Blanco é enxeñeiro, profesor de ensino secundario e escritor. Foi director xeral de Montes da Xunta de Galicia. Colaborador en medios de comunicación, é autor de varios libros de novela e investigación.