Verín traslada ás redes sociais a gala de entrega de premios

La Voz OURENSE

VERÍN

concello de Verín

O Concello mantén os certames literarios de poesía e relato curto polas Letras Galegas

10 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Día das Letras Galegas • redes sociais Concello de Verín • A Concellería de Cultura do Concello de Verín mantén a entrega de premios dos certames de poesía Xosé Carlos Caneiro e de relato curto Antonio Fernández Pérez. Pero será cun formato dixital. A concellería ideou a presentación «Lectura nas redes» para substituír á tradicional gala que tiña lugar no auditorio e que polas prevencións polo covid non se vai celebrar de xeito presencial. Os alumnos gañadores dos certames difundirán os seus textos, gravados en vídeo, polas redes sociais do Concello, que as publicará nas súas canles de YouTube, Twitter e Facebook ao longo do Día das Letras Galegas. A concelleira Elena Somoza destacou a importancia de que os cativos sexan os protagonistas do evento.