En Verín celebran as Letras Galegas con dous certames

La Voz OURENSE

VERÍN

Unha das edicións pasadas dos certames que organiza o Concello de Verín
Unha das edicións pasadas dos certames que organiza o Concello de Verín CONCELLO DE VERÍN

Nova convocatoria do concurso de Poesía Xosé Carlos Caneiro e do Relato Curto Antonio Fernández Pérez

21 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca e festexar dun xeito orixinal o Días das Letras Galegas, o Concello de Verín ven de convocar dous certames literarios. Un é o de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e o outro o de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Os dous están dirixidos aos alumnos dende quinto de Primaria ata cuarto da ESO dos centros educativos da comarca, que poderán presentar os seus textos, inédito e en galego, para a súa preselección no colexio. Cada centro enviará tres propostas, antes do 7 de maio para que o xurado decida cales son os gañadores. Haberá tres premios en cada concurso, de 90, 60 e 30 euros que contarán coa colaboración de Gadis. Os galardóns entregaranse o 17 de maio no Auditorio Municipal de Verín.