O Museo de Verín constrúe o fío narrativo da matanza

La Voz

VERÍN

Santi M. Amil

A institución convida aos veciños da comarca a aportar achegas relacionadas con esta tradición

03 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 10 de xaneiro • Facebook do Museo de Verín, no correo museodeverin@gmail.com ou no teléfono 617 963 905 • O Museo de Verín está a promover un proxecto de investigación etnográfica colectivo para «construír un fío narrativo que preserve a esencia social da matanza tradicional». O envellecemento e o despoboamento están a afectar a un rito tradicional que, máis alá da función de abastecer de carne ás casas, «posuía un significado como acto fundamental na cohesión da vida rural e como símbolo de prestixio para as familias». Dende Museo de Verín faise un chamamento a todos os veciños da comarca para facer todas as achegas que consideren oportunas sobre os aspectos sociais, os xeitos de elaboración e todo o relacionado coa mata.