Verín acollerá a «estrea universal en autocine» da nova película de Ignacio Vilar

La Voz

VERÍN

cedida

A cinta «María Soliña» poderase ver na vila o día 21 de xuño

16 may 2020 . Actualizado a las 08:59 h.

O municipio de Verín acollerá a «estrea universal en autocine» da nova película de Ignacio Vilar. Segundo se anunciou dende a administración local, o Concello chegou a un acordo coa productora de Vilar, Via Láctea Filmes, para organizar esta actividade. A proxección será o 21 de xuño e a institución municipial anunciou que adaptará «o parking central para acoller o novo espectáculo, e bríndalle á hostaleira local crear un 'menú autocine' para servir nos eventos con continuidade». No pase da película estarán o director, os principais actores e membros do equipo da rodaxe. Ignacio Vilar salientou o compromiso de Verín co cinema, «mantendo unha sala de exhibición pública», e os seus enormes espazos de aparcamento no centro «nos fixeron pensar nesta vila como lugar óptimo par esta nova tendencia na exhibición cinematográfica: o autocine é o futuro». Pola súa banda o alcalde da vila, Gerardo Seoane, incidiu en que «xa que temos os espazos,  estratexicamente situados, imos facer un experimento para ver si podemos atraer público para unha actividade permitida polos protocolos sanitarios, segura e que serva para dinamizar con seguridade as actividades en Verín».