E ti máis!


Oconselleiro de Sanidade anunciaba o mércores que «por primeira vez dende 2006 haberá servizo de pediatría no hospital de Verín». E quedaba tan ancho. Catorce anos lles levou aos da Xunta atopar os pediatras para cubrir as vacantes. Pero non se supón que a falta de especialistas é algo de agora? Ou é que xa daquela escaseaban e non se fixo nada por remedialo? Ah, amigo... Entón viña a segunda parte da frase. «Vai haber un servizo de pediatría dentro do hospital, incorporado como servizo hospitalario, logo de que desaparecera na época do bipartito». Home, faltaba o momento de botarlle a culpa a outro. Pero claro, despois de máis dunha década mandando había que ir moito atrás. Tanto que ningún rapaz dos que vai ao pediatra hoxe en día en Verín tivo nunca un especialista no hospital ao que puideran levalo (nin nacera na etapa do bipartito). Para flipar! E que queren que lles digan agora? Que o bipartito o fixo mal? Pois igual si, e xa poden lembrar onde acabou... na oposición (por se alguén anda despistado). Igual non foi polo de Verín, pero seguro que non axudou. Como un conselleiro de Sanidade pode dicir con tranquilidade que tiveron un servizo desatendido (porque non é o mesmo non telo creado nunca que deixalo morrer) durante 14 anos -váleme 11, se contamos que as eleccións aquelas foran no 2009-? E o que é peor... Que o querían aínda desatender máis, ata que claro, en Verín acabaron por demostrar que estaban fartos de recortes. Igual que están agora na Rúa, que levan décadas (si, décadas) esperando por un novo centro de saúde. E aí mandaron de todas as cores e ningún foi quen de conseguir un soar... E ti máis!

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

E ti máis!