The Tetas Van actúa en Verín contra o peche do paridorio no hospital

Sindo Martínez VERÍN / CORRESPONSAL

VERÍN

Santi M. Amil

O grupo ofrece un concerto esta tarde no auditorio

26 ene 2020 . Actualizado a las 18:37 h.

O grupo musical ourensán The Tetas Van actuará as sete de esta tarde no auditorio de Verín. O concerto, con entrada gratuita, pretende chamar a atención da cidadanía sobre a problemática do paridoiro do hospital, pechado dende o día 1 de decembro do ano pasado. Foron as integrantes do grupo as que promoveron esta actividade tras contactar con responsables da plataforma sanitaria verinense.

«Estamos moi sensibilizadas coa loita pola igualdade das mulleres. O peche do paridoiro do hospital parécenos case un acto de violencia machista, xa que ataca un dos dereitos básicos das femias, o parto», asegura María Mendoza. «Parécenos moi ben que pola presión e protesta dos veciños, ao final parece que se vai a reabrir no próximo mes, pero a medida do Sergas sobre o peche é inaceptable», considera Mendoza.

Non é a primeira vez que o grupo mostra seu apoio as causas como a loita de determinados colectivos socias. No pasado actuaron en iniciativas en favor do grupo LGTBI ou de refuxiados. The Tetas Van está integrado por Lucía Gil, María Mendoza, Lorena Negreira, Irene Somoza y dos varones, Pablo Cachafeiro e Óscar Reza. A formación naceu no ano 2011. Desde entón viñeron tocando en diferentes puntos de Galicia e de España.