Evanxeo apócrifo

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

VERÍN

01 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Evanxeo segundo San Mateo 25-14,30, “«ao que ten daráselle e sobraralle, pero ao que non ten, quitaráselle ata o que ten». Coido que San Mateo pensaba nos bens inmateriais, pero os gobernos que se apoian no palio danlle ao verbo ter un valor material. Desta interpretación dos que van ás procesións os días de festa veñen estas conclusións: aos de Verin, que pouco teñen, quitémoslle. Despois vén a argallada, a interpretación do conto; una faixa por detrás que puxera «Ruralízate». Cando non tés coherencia coa mensaxe, vives gastando en publicidade e non executando. Hai documentos en pdf, hai análise de contexto e presentacións en vídeo, pero o que non hai é pensamento estratéxico e execución. Se os criterios son técnicos poderanse solucionar, porque é o que ten ir superando as limitacións co coñecemento, pero dame a impresión que son económicas. Galicia acumula unha débeda de 11.685 millóns de euros, a segunda cifra máis alta dende o récord de 11.750 millóns do ano 2018. Os bos xestores parece que non o son tanto, máis ben son mediocres ou directamente extractores de renda pública; como di San Mateo «ao que ten, daráselle e sobraralle».

E así está a provincia, e quen ía ser o presidente da Ourensanía, nin un chío. Aí está a coherencia, os plans demográficos, os Summit, as gráficas de Gantt e todo o que lle queiras por ao redor.

Cando lees libros de xestión, din que te marques dous, ou, como moito, tres obxectivos, nun marco temporal concreto. Que teñas sempre unha visión a escala e que trates todo coa complexidade que ten, aínda que non percibas todas as interaccións entre os elementos, incluso os que parezan remotos.

Para o período 20-24, eu marcaría os seguintes obxectivos: (aquí falta un verbo: procuraría, buscaría, tentaría, algo que vaia en consonancia coa seguinte frase que empeza por ...e faría): ningunha penuria enerxética nin de accesibilidade nos nosos fogares, e faría da saúde a pedra angular de toda a política, sabendo que son as condicións socio-económicas quen máis a condicionan, coidando a quen te coida. Sobre iso orbitaría todo. Como di xa o papa Francisco no século XXI: non son números, son persoas.