«De Monterrei ao mundo», cervexa en man

La Voz OURENSE

VERÍN

cedida

O Claustro Mercedario de Verín acolleu, o pasado fin de semana, un curso da UNED de cata de cervexa

02 abr 2019 . Actualizado a las 22:19 h.

O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, o pasado fin de semana, un curso da UNED dentro da serie «De Monterrei ao Mundo» impardido polo sumiller Luis López.

A través deste seminario coñecéronse as diversas formas de elaborar e clasificar as cervexas por todo o mundo, dende as cervexas de Monterrei ou as elaboradas con mosto de albariño, ás alemanas de trigo, pasando pola historia e evolución da mesma, ata as receitas existentes a día de hoxe, así como as materias primas necesarias para a súa elaboración. Tamén se analizaron os posibles defectos perceptibles nunha cervexa e como tratar de previlos, o correcto servizo desta bebida, tanto a presión como en botella, e como realizar unha cata sensorial de cervexa.

O curso rematou cunha degustación de 25 marcas diferentes nunha xornada na que se serviron 96 botellas cun total de 18 estilos de cervexa, entre elas unha elaborada por unha rapaza de Verín, unha feita en Verín e outra fabricada con mosto de albariño das Rías Baixas.