Ourense: O FIC Verín analizou a realidade palestino-israelí
O Festival Internacional de Curtas clausúrase cunha gala presentada por Ledicia Sola e Nieves Rodríguez
Hoxe • 21.00 horas • Auditorio de Verín (gala inaugural) • Casa da Cultura: pase de obras de Animacan (17.00 horas) • O Festival Internacional de Curtas de Verín adicou a xornada de onte ao pase das obras a concurso e acolleu unha xornada sobre a situación dos dereitos humanos das zonas ocupadas e a realidade palestino-israelí. No Auditorio houbo un coloquio no que participaron Gonzalo Veloso e Miguel Ribeiro, programador do FIC e xurado respectivamente, e explicouse como funciona o Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos dos territorios ocupados (B’ Tselem). O centro ten como obxectivo rematar coa ocupación de Israel, recoñecendo que esta é a única maneira de «conseguir un futuro que garantice a liberdade e a igualdade para todas as persoas que viven entre o río Xordán e o Mediterráneo».
Sola e Nieves Rodríguez
Fundada hai máis de 25 anos, B’ Tselem documenta a violación dos dereitos humanos por parte dos israelíes en Cisxordania e Gaza.
A gala de clausura será presentada por Ledicia Sola e Nieves Rodríguez.
Comentarios