Unha nena de Verín gaña un concurso de internacional de cálculo

La Voz VERÍN / LA VOZ

VERÍN

cedida

Sara Salgado é alumna de Cuarto de Primaria do CEIP Amaro Refojo

13 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O ano pasado quedou entre as primeiras. Nesta edición foi a triunfadora. Sara Salgado Rato, de 9 anos, alumna de cuarto curso de Primaria do CEIP Amaro Refojo, de Verín, foi a mellor entre os 28.000 participantes na súa categoría, nos campionatos escolares internacionais superTmatik de cálculo mental.

A posición de Sara Salgado, con máis de un segundo de diferenza en relación co subcampión e máis de dez respecto do cuarto clasificado, satisfixo a súa familia. O seu titor e director do centro, Ricardo Rodríguez, leva anos adestrando a varios pequenos do colexio para que intenten obter as mellores posicións dentro do concurso.