«Facer un cigarrón de madeira pode levar un curso enteiro»

La Voz OURENSE / LA VOZ

VERÍN

Santi M. Amil

O artista limián Xosé Lois Carreira coordina unha exposición de 40 tallas no municipio ourensán de Verín

05 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O escultor limián Xosé Lois Carreira, profesor dende hai anos da escola municipal de Artes e Oficios de Verín, é o coordinador dunha interesante mostra dos traballos en madeira acometidos polos alumnos do centro no que imparte clases. A exposición estará aberta ata mediados de xuño na sala de exposicións do Concello de Verín. Carreira compaxina dende hai case una década a labor de docente na vila do Támega coa realización de grandes esculturas como unha enorme peza que está ultimando nestes meses e que será instalada na entrada do polígono de Xinzo.

?¿Cantas pezas configuran a mostra?

?A exposición está integrada por cerca de 40 tallas realizadas durante o curso 2017-2018 polos alumnos de talla en madeira da escola.

?¿Cales destacaría?

?O nivel das tallas é moi bo. Hai unha que ten bastante mérito. Trátase dunha figura dun cigarrón a tamaño natural, de case dous metros. Facer unha obra como estas pode levar un curso enteiro, como sucedeu coa persoa que a realizou.

?¿Cal é o perfil do alumnado?

?É moi variado. Aínda que a maioría das persoas que integran o alumnado son xubilados, tamén acoden as clases mozos, de pouco máis de 20 anos. É destacable a grande ilusión coa que acuden ás clases veciños de Verín de máis de 60.

?¿Que tipo de madeira empregaron os alumnos?

?De todo tipo, hai bastantes traballos en castiñeiro. Non houbo limitación sobre o material no que se traballou.

?¿Os interesados poden adquirir algunha talla?

?Por suposto. En cada unha das pezas hai unha referencia e quen estea interesado en pode comprala.