O colexio de Toén e o Concello de Viana do Bolo propoñen actos para as Letras Galegas

Localizar as rúas co nome de Carvalho Calero é unha das iniciativas


ourense / la voz

En tempos de confinamento a imaxinación é unha boa ferramenta. O 17 de Maio non se celebrarán os actos en homenaxe a Carvalho Calero, serán en outubro, mais hai propostas para non deixar pasar a data. Dende a biblioteca do colexio Saco e Arce, de Toén, lanzaron aos seus alumnos un reto: localizar os municipios de Galicia que teñen unha rúa co nome de Ricardo Carvalho Calero. E no caso de Ourense propoñen aos alumnos de Toén que se acheguen á mesma e alí lean textos, reciten poesías, deixen un mural ou mesmo toquen algunha peza. O Concello de Viana do Bolo tampouco quere deixar pasar a data. Está convocado o concurso de Relatos dende o confinamento, dirixido ao CEIP Bibei, animan a apoiar a campaña Defende o galego e colgarán na rede vídeos de autores de Viana do Bolo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O colexio de Toén e o Concello de Viana do Bolo propoñen actos para as Letras Galegas