Ecoloxistas critican a planta de puríns de Sarreaus

ourense / la voz < / span>

SARREAUS

25 nov 2012 . Actualizado a las 07:10 h.

O Grupo Ecoloxistas da Limia critica que a comarca reciba o purín de toda a provincia e asegura que dende a implantación da planta de tratamento de puríns no concello de Sarreaus, a situación ten empeorado; ademáis de censurar a política ambiental de Coren. «Esto é así, polo simple feito de que moito do purín que é transportado á comarca para o seu tratamento, sóltase directamente nas parcelas antes de chegar a planta, dado que a mesma non ten capacidade ou simplemente non funciona ou simplemente evitan os custes do seu tratamento», explican. Din que a culpa da situación non pode argumentarse en relación co minifundio, xa que dende a administración autorízanse todos os días novas granxas e explican que «a carga gandeira existente supera con creces o racionalmente admisible, e non precisamente pola gandería extensiva, que tristemente xa non queda, senón pola que na actualidade fomenta Coren nas súas granxas de produción intensiva».

Destacan que non se mira para o Código de Boas Prácticas xa que o purín bótase en plena época invernal, en períodos de parada vexetativa e campos encharcados e que o abono acumúlase directamente sobre o chan. Aproveita o Grupo Ecoloxista de Limia para «aplaudir» que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil «recoñezan publicamente o que pasa na comarca» e esixen que a administración autonómica traballe na mesma dirección, para terminar cos excesos.