O obradoiro de costura de Sandiás remata o ano cunha reconstrucción dun taller artesanal dos anos 50
SANDIÁS
O sábado 26 de outubro inaugura unha exposición de 50 pezas dos participantes
18 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O obradoiro de costura de Sandiás ofrecerá unha exposición de 50 pezas en maniquíes, vainicas e bordados o sábado 26 de outubro ás 19.00 horas na Casa da Cultura. Estará dispoñible ata o 23 de novembro. Leva o título de «O ollo da agulla. Creando e diseñando coas nosas mans» e reúne as creacións de patronaxe e confección dos 24 participantes do taller, animado por Geni Losada.
Ademáis, mostrarán unha reproducción dun obradoiro do oficio artesanal da costura dos anos 50, coma unha homenaxe aos aos xastres e costureiras. A iniciativa municipal lembrará a nomes do concello como Enrique Montero, Xosé Gándara (O Xastre) e Pepe Gómez de Piñeira de Arcos; Francisco Teijeiro e David Blanco de Vilariño das Poldras; Xosé Quintas da aldea de Sandiás e costureiras como Raquel Prieto, María Feijóo (A Muiñeira), Josefa Riveiro ( A Manganta), Carmen Manso (A Punteira) e Francisca (A Muda) da aldea de Piñeira de Arcos, entre outros.
Lembrarán o facer deste oficio, que se realizaba traballando polas casas. Algunhas pedían ao mesmo tempo xastre e costureira. Nos anos 50 e 60 tamén comezou a haber homes e especialmente mulleres que traballan na casa cosendo para unha fábrica que lles daba as pezas xa cortadas. As vivendas foron lugares de traballo para este artesáns pero tamén espazos para socializar.