Os pequenos de Sandiás cantan e bailan ao ritmo da obra sensorial «Babá, Bebé»

La Voz OURENSE

SANDIÁS

Público participante na función de A Xanela do Maxín.
Público participante na función de A Xanela do Maxín. CEDIDA

A Xanela do Maxín actuou no punto de atención infantil

29 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Non teñen nin tres anos, pero xa saben que o teatro existe. E gústalles. Así o demostraron os pequenos de punto de atención infantil de Sandiás que o venres acudiron coas súas familias a ver a obra Babá, Bebé, de A Xanela do Maxín.

A historia do osiño Babá bebé encheu a pequena escola de cores, de olores, de música... Todo feito con moito detalle, o que fixo en todo momento partícipes aos nenos e que saltaran unha e outra vez ao escenario a participar da historia. E os bebés coas miradas atentas a todo o que acontecía: á bola que cambiaba de cor, aos diferentes sons, á sorpresa das pompas de xabón... Os maiores, pola súa banda, axudaron cantando o retrouso da obra.