Réquiem por Camilo de Dios, un loitador antifranquista

Foi un home bondadoso, optimista e sufridor. Morreu este martes aos 89 anos


En calquera país, minimamente orgulloso das vidas nobres e sacrificadas, Camilo de Dios sería protagonista de exercicios escolares e libros de lectura. Así o entenden moitas xentes da Limia onde miles de cidadáns saben da súa bondade, do seu espírito optimista, da súas proezas e dos seus sufrimentos. Faleceu o martes á noite na súa casa natal de Sandiás (Ourense), catro meses antes de cumprir os 89 anos de idade. Nacera o 8 de abril de 1931: o mes e o ano da chegada da II República.

En 1947, con dezaseis anos, «bótase ao monte», onde se incorpora á guerrilla antifranquista na que xa militaban a súa nai, Carmen Fernández Seguín, viúva de Jesús de Dios, e o seu irmán Perfecto, un ano maior. Era, daquela, o guerrilleiro máis novo no mapa da guerrilla antifranquista española. Non tardou en ser ferido nun xeonllo (novembro de 1948), o que o levou a pedir axuda nunha casa de apoio do llano, escenario dunha situación memorable: unha mociña de dezaseis anos, Milagros, termou daquel mozo ferido, coidoulle o xeonllo e proporcionoulle o necesario para volver ao monte. Aquela mociña, ante aquel mozo novo que arriscaba a súa vida por unha idea moral, ante aquel Don Quixote que transmitía bondade e confianza, namorouse, namoro do que axiña abrollaron uns versos, perfectos naquela circunstancia. «El vino del monte, / donde pernoctaba, / herido venía, / llevaba tres días / sin poder comer / [...] era un valiente guerrillero / de la Segunda Agrupación / y, si lo encuentras, compañero, / dile que yo muero por el». (A canción reproduce a música e a métrica dun cantar moi popular na época).

Catro meses despois (18 de marzo de 1949), Camilo e o seu grupo, nunha acción en Ourense contra tres torturadores da Garda Civil, foron abatidos, episodio que Carlos Casares ficciona na súa novela Deus sentado nun sillón azul. O que aconteceu despois só podería ser contado por unha pluma como a de Dante, o poeta que soubo transmitir os tormentos máis crueis: os 59 días en que Camilo e o seu camarada Antonio Pérez Barreiro, atados con cadeas, soportaron os ferros, o non durmir e, mesmo, o deporte de introducírenlles estelas nas uñas das mans e dos pés.

Pero Camilo, saíu da prisión, dez anos despois, máis sabio, máis humano e tamén máis comprometido. O mesmo lle aconteceu a súa nai, hóspede dos cárceres franquistas durante trece anos.

Adiós al último guerrilleiro gallego

La Voz

Camilo de Dios Fernández falleció en su casa de Sandiás a los 87 años

Camilo de Dios Fernández, el último gallego que luchó contra el franquismo desde las filas del exército guerrilleiro, falleció en la noche del martes en su casa de Sandiás, a los 86 años. Sus restos mortales serán velados desde hoy, miércoles, en el tanatorio de Sandiás. 

Camilo de Dios se incorporó a la lucha armada contra el régimen en la Segunda Agrupación Guerrillera. Participó en el ataque a la fábrica de armas de A Coruña. En julio de 1948 se sumó a un grupo que intentó liberar a los líderes s condenados a muerte que permanecían en la cárcel en A Coruña, operación frustrada por la detención de dos enlaces. El día 18 de marzo de 1949 fue herido en un enfrentamiento con la Guardia Civil en Ourense. Lo condenaron a muerte en un consejo de guerra celebrado en A Coruña, pero las autoridades le conmutaron la pena por la de 30 años de cárcel, debido a su corta edad. Finalmente, la muerte le ha llegado en su domicilio, rodeado de su familia. 

Seguir leyendo

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Réquiem por Camilo de Dios, un loitador antifranquista