Dezaseis candidaturas veciñais da provincia uníronse en RedeOU

ourense / la voz

SANDIÁS

Onte tivo lugar a firma da acta fundacional de RedeOU.
Onte tivo lugar a firma da acta fundacional de RedeOU. miguel villar< / span>

Impulsará políticas públicas que procuren a xustiza social que garanta a vida digna das persoas, a equidade de xénero, unha economía xusta e sustentable

15 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Agrelsan (Sandiás), Ribeiro en común (Ribadavia), Cambio Intelixente (Punxín), SON de Trives, Veciños de Piñor, SON do Pereiro de Aguiar, Ourense en Común, Veciños de Monterrei, Anova?SON de Manzaneda, Agrupación de Electoras Xuntos por Lobeira, Candidatura Veciñal de Taboadela, Agrupación Independente de Leiro, Fai o Irixo, Alternativa Veciñal do Carballiño, Alternativa por Beariz e Anova?SON de Toén conforman dende onte RedeOU. Esta rede de candidaturas veciñais nace da unión de distintas iniciativas electorais de nova implantación, nadas no proceso das últimas elección municipais. No texto fundacional explicase que as candidaturas que a integran, impulsará políticas públicas que procuren a xustiza social que garanta a vida digna das persoas, a equidade de xénero, unha economía xusta e sustentable e a defensa dun proceso de renovación democrática asentado nos principios de participación veciñal e transparencia absoluta.

A rede actuará como ferramenta analítica, de avaliación e contacto dos diferentes concellos integrados na mesma.