Medio Rural valora un punto de recarga de auga para a extinción de incendios en Cea

La Voz OURENSE

SAN CRISTOVO DE CEA

O conselleiro de Medio Rural atendeu as demandas do rexedor, José Luis Valladares

23 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse por videoconferencia co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para coñecer as principais necesidades e demandas deste municipio ourensán. Nesta xuntanza tamén participou o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

Neste encontro avaliaron cuestións relativas á prevención e defensa contra os incendios forestais. Entre elas, a posibilidade solicitada polo Concello de habilitar un punto de auga para a recarga dos medios de extinción, unha opción que vai ser avaliada por parte da Consellería.

Tamén se abordou a colaboración para a mellora das infraestruturas preventivas no territorio municipal. Neste sentido, técnicos de Medio Rural estudarán en concreto a mellora dunha pista duns dous quilómetros de lonxitude no lugar de Faramontaos para facilitar o acceso dos medios de extinción cando sexa necesario.