«A música será un ingrediente do meu pregón en Cea»

Lucía gómez f. / R. N.

SAN CRISTOVO DE CEA

Ana Jurado

O músico Dani Ríos, nado en Neda (A Coruña), ven dunha familia de panadeiros e está emocionado de participar na festa

06 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os primeiros domingos de xullo, como se ven facendo dende o ano 1991, celébrase a festa de exaltación do pan de Cea. Este ano, a celebración conta co cantante Dani Ríos como pregoeiro do evento.

-Como recibe a noticia?

-Fai un ano comentoumo Carlos (presidente do Consello Regulador da IXP Pan de Cea) e non puido ser por axenda. Este ano xa me dixo Carlos: «Si ou si, tes que vir, porque eres un amante do bo produto. Querémoste como pregoeiro na festa do pan de Cea».

-Que significou para vostede?

-Sentinme a persoa máis afortunada do mundo. Sempre se escoitou falar da importancia do pan de Cea, e eu sendo doutro concello, doutra provincia, cun pan propio... Imaxínate que foses ti o elixido.