Medio Ambiente erradicará vertedoiros incontrolados en Cea

La Voz OURENSE

SAN CRISTOVO DE CEA

XUNTA

Consellería e Concello asinaron un acordo para realizar os traballos

24 ene 2019 . Actualizado a las 20:29 h.

A Consellería de Medio Ambiente eliminará 16 vertedoiros incontrolados ubicados no término municipal de San Cristovo de Cea. A actuación levarase a cabo en base a un convenio de colaboración asinado en Compostela pola titular da Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o rexedor de Cea, José Luis Valladares. Según se sinalou logo da xuntanza «as actuacións previstas, que comezarán nos próximos días e terán un custo estimado de 75.000 euros, consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas ?fundamentalmente residuos procedentes de traballos de construción e demolición, plásticos, madeira, pneumáticos fóra de uso, aparellos voluminosos, etcétera- e na posterior revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira». Con este tipo de accións centradas na erradicación dos vertedoiros, a Xunta persegue minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental que provocan estes focos, «logrando a integración do lugar coa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares».