Cita cos futuros cineastas galegos

x. m. r. OURENSE / LA VOZ

SAN CRISTOVO DE CEA

federico álvarez

O Virxe da Saleta, de Cea, e o Otero Novás, de Cortegada, gañaron o OUFF Escola

03 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebra dende hai anos unha sesión especial. Na mesma as normas de comportamento amolecen en función dos espectadores e non son poucos os que necesitan un outeiro para ver mellor o que está a acontecer. Son sesións de cine con elevador -e a organización do OUFF xa conta co material necesario para atender as demandas- e os que cada ano ateigan o Auditorio de Ourense non son outros que escolares e profesores de toda Galicia que participan na convocatoria do OUFF Escola.

O concurso do certame audiovisual ourensán e a Xunta de Galicia, na que se implican a Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, entregou onte os premios da sétima edición e a colleita foi moi boa para os centros de ensino da provincia de Ouense, acadando catro dos dez premios entregados.

Dos xeranios ao mago

O OUFF Escola conta con dúas categorías a concurso: Infantil e Primaria, por unha banda, e Demais niveis de ensino non universitario, pola outra. Nas dúas seccións o primeiro premio recaeu este ano nun centro da provincia. Na categoría superior o galardón foi para o traballo

Os xeranios do señor Alfonso

, proxecto desenvolvido polo colexio Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea. En Infantil e Primaria o primeiro posto foi para a obra

O mago Rosa

, do centro Otero Novás, de Cortegada.

O segundo premio no apartado de alumnos de máis idade tamén tivo orixe na provincia, acordando o xurado conceder o galardón á proposta Sons do camiño, do IES Chamoso Lamas co Carballiño. O outro primeiro posto, neste caso na sección de «Demais niveis de ensino non universitario» e na categoría de mellor guión foi para o colexio Antonio Failde, de Coles, polo traballo titulado O capitán Penedo.

No OUFF Escola 2016 tamén recibiron premios ou mencións os proxectos Ranilda (colexio de A Lama), A chave para 6.000 presos (centro Torre da Illa, da Illa de Arousa), Señor Ramón e Señora Ramona (centro de educación especial Vilagarcía de Arousa), Maruxa (do Coirón Dena, de Meaño), A máscara do león (colexio A Pedra, Bueu) e Curuxás (do IES do Camiño, Palas de Rei).

Segundo sinalou o responsábel de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, no OUFF Escola 2016 participaron 3.400 escolares de toda Galicia e foron rexistrados un total de 120 traballos a concurso.

O Chamoso Lamas, do Carballiño, e o Antón Failde, de Coles, tamén foron galardoados

Na convocatoria 2016 participaron 3.400 escolares e foron presentados 120 traballos

Dos proyecciones con actuaciones musicales

Entre las convocatorias que ofrece hoy el OUFF figuran dos proyecciones que contarán con actuaciones musicales en directo. En el Auditorio de Ourense se proyecta, 17.00 horas, «La calle de los pianistas». Ofrecerá un concierto su protagonista, la pianista Natasha Binder. Por la noche, 22.30 horas, se pasará «Hierba» en el Café Cultural El Pueblo. Habrá acompañamiento musical.

Oliver Laxe recibe el galardón Cidade de Ourense

La organización del OUFF 2016 acordó reconocer con el Premio Cidade de Ourense al cineasta Oliver Laxe, destacando con esta decisión su labor de «creación y expansión del cine gallego fuera de nuestras fronteras». El acto de entrega del galardón tendrá lugar a las 13.00 horas en el Liceo de Ourense. Después habrá una recepción oficial del alcalde a los invitados del OUFF.

Galaxia presentou no festival o libro e deuvedé que recolle «Pelerinaxes», de Simón Saibene

Simone Saibene converteuse onte nun dos protagonistas máis activos da xornada no OUFF. O cineasta italiano afincado en Ourense participaba pola mañá na entrega dos premios do certame escolar -na súa condición de xurado entregou un dos galardóns, ao tempo que salientou a calidade dos traballos presentados-, pola tarde presentaba unha primicia da Editorial Galaxia -o libro e o deuvedé co seu traballo Pelerinaxes- e pola noite facía o propio na sesión do Cineclube Padre Feijoo onde se proxectou o filme. Galaxia elexiu o Liceo para dar a coñecer a súa nova proposta editorial: unha publicación que inclúe un libro no que se recollen as imaxes da gravación do filme que tivo como punto de partida Pelerixanes I -obra de Otero Pedrayo na que se recolle a viaxe que en 1927 fixeron a pé o propio Otero, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey dende Ourense a Santo André de Teixido- e un deuvedé coa película realizada por Saibene.

Na presentación do Liceo participaron o director do OUFF, Fran Gayo, Saibene, Patricia Arias -da Fundación Otero Pedrayo-, Ramón Tudela -da asociación do Camiño a Santo André de Teixido-e as actrices Carmen Méndez e Isabel Risco.