«Temos garantido o relevo xeracional»

La Voz OURENSE / LA VOZ

SAN CRISTOVO DE CEA

04 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente do consello da Indicación Xeográfica Protexida confésase satisfeito polo camiño andando no só dende a obtención do selo de certificación, no 2004, se non dende que se creou a asociación de panadeiros, no 1992 e que, como el apunta, foi o xermolo de todo.

-¿Xa se tocou teito nos obxectivos?

-Co ánimo e a axuda de todos chegamos a ser a primeira denominación protexida de pan, no so da comunidade ou de España, senón de Europa. E hoxe non hai unha comunidade autónoma española que non teña un punto onde se venda pan de Cea, e estamos, de xeito esporádico, en Alemania, Bélgica, Paises Baixos e tamén imos a Italia acompañando ós mariscadores de Carnota cada dous anos.

-¿Hai interés nas novas xeracións por seguir coa tradición?

-Temos garantido o relevo xeracional sen problema ningún. Cada vez que un panadeiro ou panadeira se xubila, fillos e noras ou netos seguen adiante. Isto sigue a ser unha cuestión familiar.

-¿Qué é necesario para seguir avanzando de cara ó futuro?

-Que sigan unidos os panadeiros para seguir loitando por este produto que temos e que hoxe en día xa ten o recoñecemento que merece pero que ten que seguir avanzando e dándose a coñecer. Hoxe somos dezaoito fornos amparados pola selo de calidade que certificou o ano pasado máis de 700.000 pezas, e a miña ilusión e poder ver que superamos o millón.