Someten a información pública as sendas da OU-101 en San Cibrao, Pereiro e Paderne

As actuacións suporá un investimento estimado de algo más de 800.000 euros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no DOG o procedemento polo que se somete a información pública a execución de dúas sendas peonís na estrada autonómica OU-101, ao seu paso polos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz.  A Xunta abre o prazo para que os interesados presenten as súas achegas. Poden consultar o documneto no enlace https://xurl.es/nrkep

 Esta actuación suporá un investimento estimado de algo más de 800.000 euros, dos que preto de 63.000 se destinarán ao pagamento das expropiacións das 81 fincas necesarias para executar dous itinerarios na vía autonómica, no núcleo da Medorra e na contorna de Paiseo.  O obxectivo é actuar nas zonas que carecen dun espazo seguro para o tránsito de peóns, polo que a execución deste proxecto ofrecerá unha mellora importante da seguridade viaria aos veciños destes municipios. Este novo paso enmárcase no Plan de Sendas de Galicia na comarca de Ourense, e conta coa cofinanciación dos fondos europeos FEDER.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Someten a información pública as sendas da OU-101 en San Cibrao, Pereiro e Paderne