Coros e rondallas en San Cibrao

La Voz

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

cedida

O pavillón acolleu a cuarta edición do festival musical

26 nov 2018 . Actualizado a las 17:33 h.

O domingo celebrouse o cuarta edición do Festival de Coros e Rondallas de San Cibrao das Viñas. Participaron o Grupo Instrumental As Viñas, o Coro de San Cibrao, a Coral Sons de Palmés, a Coral--Rondalla Unión Orfeón Orensana e a Coral de Santa Mariña de Xinzo de Limia.

Os organizadores aseguran que a xornada se pechou cun éxito de público. Contou ademais ca participación da solista local Erea Balvís, que abriu o festival, e do dúo Bis o bis, formado polas promesas da canción ourensá Borja Quitela e Aarón Abalo.

 

Esta edición do festival tivo como obxectivo “promocionar a actividade musical levada a cabo en San Cibrao das Viñas” e "divulgar a importancia de traballar con nenos, mozos e adultos, proxecto polo que se está a apostar dende a Asociación co Coro de San Cibrao e o Grupo Instrumental As Viñas”. O evento estivo organizado pola Asociación Veciñal e Cultural de San Cibrao das Viñas e contou coa colaboración do Concello de San Cibrao das Viñas e contou coa presenza do alcalde Manuel Pedro Fernández acompañado polos edís do grupo de goberno local.