«Gustaríanos ver melloras tamén no ferrocarril. Queremos unha estación acorde coa realidade»


ourense / la voz

O presidente da asociación de empresarios do polígono de San Cibrao, Elías Mera Martínez, entende que o movemento de mercancías ofrece unha idea aproximada da realidade desta área industrial.

 

-Con todo, non se ve que haxa aglomeracións ou retencións en horas punta, como ocurre en polígonos doutros lugares...

-Ese é un problema alleo a nós. Tiñamos embotellamentos hai xa anos, pero cando se ordenaron os accesos acabáronse.

-¿Para cando contan con ter listo o demandado acceso e conexión directa coa A-52?

-Agora mesmo sabemos que está en fase de redacción o proxexto. E temos o compromiso da Xunta de que a finais do ano 2017 estarán iniciadas as obras. Non era normal, a verdade, co movemento de camións e mercancías que se ve, que non tiveramos listo ese acceso dende o polígono.

-¿Cre que, despois da autovía chegarán tamén as melloras no ferrocarril?

-Gustaríanos ver melloras. Non imos deixar de reivindicar a construcción dunha intermodal de mercancías, tendo en conta o noso movemento efectivo. Dende a asociación témolo reclamado e sabemos que en Fomento existe esa previsión. Queremos unha estación acorde coa realidade.

-Pero pouco se usa o tren...

-Moi pouco. Só Coren dispón dun ramal propio para o seu servizo. Pensamos que de existir facilidades, sen que fora preciso trasladar a mercancía a outras estacións, tería más uso e todos iamos saír gañando. Agardamos que todo siga avanzando.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Gustaríanos ver melloras tamén no ferrocarril. Queremos unha estación acorde coa realidade»