Xestreu actúa en Riós na segunda xornada de «O teu Xacobeo»

Un concerto e varios obradoiros centran o programa de actividades hoxe na Casa da Castaña


Ourense

Riós vive hoxe a segunda das xornadas do programa «O teu Xacobeo». Onte a música tivo protagonismo e hoxe acontece o mesmo, cun cartel que traerá, desde as 20.30 horas, a coral Cantarela, a agrupación musical do Riós, ao dúo Caamaño & Ameixeiras, Xestreu e Banda de Garda.

Xestreu, a formación ourensá de música tradicional, presentará na súa actuación -prevista para pouco antes das 22.00 horas- o seu repertorio de música tradicional, tanto galega como doutros lugares do mundo. A banda, formada por cinco voces e un acordeonista, estará acompañada no escenario da reitoral da Chaira, na Casa da Castaña, por cinco músicos. O grupo, conta Ana Quintas, vén de renovar parte dos membros. Incorporáronse o acordeonista Iván Carballo e Iria Calviño, voz e percusión, ademais de Yolanda Ramos como portavoz. O grupo está traballando en temas para un segundo disco. Polo de agora teñen no mercado o seu primeiro cedé «Non me toques a saia», do 2017. Xestreu fará una colaboración co dúo formado por Sabela Caamaño, acordeonista, e Antía Ameixeiras, violinista de Luar na Lubre. A Banda de Garda, que fai versións de música pop e rock, pecha o concerto.

Pero a xornada comezará xa pola mañá, cunha fornada popular, con obradoiros de produción de música tradicional e de arqueoloxía. Para as actividades hai que inscribirse no Concello. Mañá haberá una andaina ao Penedo Gordo coa arqueóloga Beatriz Comendador.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xestreu actúa en Riós na segunda xornada de «O teu Xacobeo»