A MIT convoca unha nova edición do Premio Abrente

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

Entrega do Premio Abrente nunha edición anterior da MIT
Entrega do Premio Abrente nunha edición anterior da MIT Santi M. Amil

Os textos teatrais, escritos en galego, poderán presentarse ata o 18 de xuño

06 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha nova edición, a número 16, do Premio Abrente xa está en marcha. As bases do recoñecemento teatral que impulsa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia foron aprobadas no último pleno do Concello. Todas as persoas que desexen presentar os seus textos, -terán que ser obras orixinais e inéditas en lingua galega-, poderán facelo ata o 18 de xuño. Deberán presentarse por triplicado e garantindo o anonimato do seu autor. 

Os obxectivos principais deste premio son fomentar a creación dramática contemporánea en galego e favorecer a diversidade de estilos e estímulos da creación escénica contemporánea de Galicia.

O Premio Abrente pretende ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Ten unha dotación de 3.500 euros, máis a edición da obra e o apoio do festival a través das súas coproducións. Todos os detalles do procedemento da convocatoria do certame poden consultarse na web da MIT.