Piden unha homenaxe de Ribadavia ao músico Luís Brage

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

cedida

Ribeiro en Común propón que sexa nomeado «fillo predilecto» a título póstumo

27 may 2020 . Actualizado a las 13:33 h.

O Consello da Cultura Galega recuperaba a figura do músico Luís Brage cunha publicación do musicólogo David Ferreiro presentada recentemente. Dende o grupo Ribeiro en Común demándase do Concello de Ribadavia que promova unha homenaxe «ao insigne músico galego, director da Lira de Ribadavia nos anos da República». Desde a formación que lidera Brais Fidalgo pídese que se proceda a adoptar a declaración de Luís Brage como «fillo predilecto» do municipio de Ribadavia a título póstumo. O músico padeceu a represión despois da guerra civil e foi condeado a morte, pena que lle foi conmutada pola de 30 anos de cárcere. Aínda que estivo no cárcere, finalmente houbo unha rebaixa dos anos aos que fora condeado.