Ribadavia abre o seu Nadal

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

santi m. amil

A primeira actividade do programa é o Fest Max

07 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe (Fest Max) • De 11.30 e de 18.00 a 20.00 horas • Igrexa da Madalena • A capital do Ribeiro comezou co seu programa de Nadal e fíxoo con dúas propostas xa xornada festiva, unha delas con continuidade este sábado.

Na Praza Maior de Ribadavia procedeu a acender o alumeado das festas de Nadal, un acto simbólico para «abrir» as festas.

A primeira actividade do programa é o Fest Max, o festival de maxia que se celebra na igrexa da Madalena. Para a sesión da mañá está programado un «obradoiro de globo» e para a tarde sesións de maxia de cercanía.