Santiago lembrou ao alcalde fusilado en 1937, orixinario de Ribadavia

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

cedida

O historiador José Ramón Estévez participou no acto institucional en Compostela

05 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Non é a primeira vez que o Concello de Santiago, ou outras institucións e colectivos, renden homenaxe á memoria dos que foron represaliados e privados da vida por defender a lexitimidade democrática. E no caso de José Germán Fernández, alcalde de Compostela fusilado en 1937, xa ten sido obxecto de homenaxes en actos desenvolvidos no cemiterio municipal da capital de Galicia: Boisaca. E dende este martes José Germán Fernández (Ribadavia, 1866) conta con presenza destacada no despacho da alcaldía de Santiago de Compostela, onde se colocou un retrato seu realizado polo Manuel Quintana Martelo. O actual alcalde de Compostela e o seu antecesor, Bugallo e Noriega, participaron no acto xunto a outros representantes institucionais. Tamén o fixo o historiador ribadaviense José Ramón Pérez Estévez, sobriño-neto do homenaxeado. O retrato foi elaborado en base a un debuxo de Camilo Díaz Baliño -pai de Isaac Díaz Pardo- feito cando os dous estaban presos nos baixos de Raxoi.