O Portal e Arteficial encherán de música e festa Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

Miguel Villar

A ofrenda á patrona do Ribeiro corresponde este ano ao alcalde do Concello de Melón

04 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 7 ao 9 -actividades previas do Portal nestes días- • Ribadavia • As tradicionais Festas do Portal e a «romaría de música e cultura alternativas do Ribeiro», o festival Arteficial, encherán de actividades para todas as idades a vila de Ribadavia durante a fin de semana. No caso das festas patronais, xa con iniciativas nestes días: entre hoxe e o venres desenvólvense os obradoiros de «Decorado escenográfico» e «Intervención artística como mellora dos espazos públicos» e para o día 6 está previsto un amplo programa de actividades que inclúe dende a presenza da Ludoteca Móbil da Deputación ao festival de bandas de música infantís, pasando pola festa de música electrónica.

 

O día 7 o Arteficial chegará con talleres, actuacións e o Mercado da Semente. Entre outros actuarán Lois Cantautor, Dreyma, Ambre, DJ Xaime, Chicharrón, Deva, Za, Trajano e DJ Isaac Pedrouzo. No marco do Portal inclúense propostas como o concerto de A Lira e a verbena co grupo Assia. O 8 haberá concentración de motos clásicas, festival de bandas, verbena con Finisterre e sesión de fogos artificiais.

O día 9 celébrase o día do Portal, a ofrenda correrá a cargo do alcalde de Melón, e actuará París de Noia.