Estrea de «Curva España», a nova montaxe de Chévere

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

RIBADAVIA

XOAN A. SOLER

A Mostra de Ribadavia ofrece esta noite o novo espectáculo do grupo teatral galego

25 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Curva España é a nova produción da compañía teatral galega Chévere. Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira protagonizan unha obra que trata un crime aparentemente sen resolver, cunha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes. Coma os mellores casos expostos por Agatha Christie, pero con ironía e funcionando como unha alegoría da construción do Estado español. Como é costume nas súas producións, os intérpretes de Chévere parten dunha historia local, neste caso un mito que se contaba na zona de Verín, para chegar a facela global cara ao espectador. O grupo quixo aproveitar a edición número 35 da Mostra Internacional de Ribadavia para dar a coñecer o seu novo espectáculo. A cita co teatro-documento, na fronteira entre realidade e ficción, será este xoves ás 23.00 horas no Auditorio do Castelo de Ribadavia.