Ribadavia acollerá un obradoiro de realidade virtual dentro do proxecto ICC Week

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

A actividade ofrece 18 prazas e celebrarase entre os días 29 de xullo e 2 de agosto

11 jul 2019 . Actualizado a las 17:49 h.

O proxecto da ICC Week, a semana das industrias culturais que promove a Deputación de Ourense, celebrará a finais deste mes un dos obradoiros da ICC Kids en Ribadavia. Será entre os días 29 de xullo e 2 de agosto e centrarase na realidade virtual. As prazas que se ofertan son 18, está dirixido a rapaces de entre 8 e 15 anos, e a inscrición xa se pode formalizar na Casa da Cultura de Ribadavia. Para César Fernández Gil, alcalde da capital do Ribeiro, «con este obradoiro pretendemos crear unha experiencia interactiva na que os participantes non só observen, se non que tamén constrúan, movan, debuxen e cren a súa propia contorna dixital. Os participantes no obradoiro terán a oportunidade de gozar desta tecnoloxía que brinda novas oportunidades para o xogo e para a acción».