A Xunta destinou axudas por valor de 4,2 millóns de euros a Ribadavia no último mandato

La Voz

RIBADAVIA

cedida

A delegada territorial mantivo un encontro co alcalde da capital do Ribeiro

01 jul 2019 . Actualizado a las 14:22 h.

A delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil. Mouteira está a desenvolver un programa de reunións cos novos rexidores da provincia para coñecer as súas demandas e valorar os proxectos de colaboración desenvolvidos ou pendentes de materializar. Segundo lembrou a delegada da Xunta na reunión, os diferentes departamentos autonómicos destinaron, en conxunto, apoios por valor de 4.250.000 eruros a Ribadavia. Díaz Mouteira salientou proxectos e achegas como os relativos a melloras en centros educativos como a ampliación do IES O Ribeiro e as obras de rehabilitación enerxética no CEIP Plurilingüe da vila; actuacións no núcleo histórico; reparación da cuberta da igrexa e do convento de San Francisco, ou a mellora dos viais do parque empresarial. Ademais, destacou a recuperación da casa reitoral de Santo André de Campo Redondo para acoller o Museo do Viño, proxecto que se aprobou no último Consello da Xunta e que permitirá recuperar, conservar e difundir o patrimonio cultural do sector do viño en Galicia, un dos máis importantes da nosa Comunidade. Este edificio foi rehabilitado e equipado grazas a unha achega de preto de 2 millóns de euros feita polo Goberno autonómico. En relación ao futuro museo, logo da xuntanza mantida a pasada semana entre o conselleiro de Cultura e o alcalde de Ribadavia anunciouse que o mesmo abrirá ao público durante este mes de xullo.