Redrum ofrece «Invisibles» en Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

A representación terá lugar no Auditorio Manuel María

21 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 22.00 horas • Auditorio Manuel María • O Concello de Ribadavia e a Mostra Internacional de Teatro ofrecen a representación de «Invisibles», da compañía Redrum Teatro, no Auditorio Manuel María da capital do Ribeiro. A iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades do Pacto de Estado contra a violencia exercida contra as mulleres.