O PP de Ribadavia aposta pola inclusión dentro dos Concellos Emprendedores

O grupo municipal presentou este mércores unha moción que levará ao pleno de abril


Ourense

O PP de Ribadavia presentou este mércores unha moción para ser debatida no pleno mensual, na que insta ao goberno do municipio a inciar os trámites para formar parte da rede de Concellos Emprendedores da Xunta de Galicia. 

Segundo o voceiro do grupo popular, César Fernández: «En base a este programa de fomento empresarial da Xunta, os concellos deben establecer bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes; supresión de taxas por prestación de servizos urbanísticos e por apertura de establecementos; comprometerse a conceder as licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais; entre outras medidas».

A cambio destas medidas, a Xunta dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas para impulsar o emprego, o emprendemento e o comercio local. Polo que, dende o PP consideran que a inclusión pode ser positiva para o Concello de Ribadavia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O PP de Ribadavia aposta pola inclusión dentro dos Concellos Emprendedores