Demandan unha nova residencia de maiores para Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

cedida

Os populares consideran que é urxente que a capital do Ribeiro conte cun centro de día

16 abr 2019 . Actualizado a las 08:17 h.

O municipio de Ribadavia precisa dar resposta á falta de infraestruturas axeitadas ao que demanda un Concello da poboación que ten a capital do Ribeiro. A necesidade de contar cunha nova residencia de maiores, adaptada aos novos tempos, demandas e servizos que se prestan na actualidade e a creación dun centro de día foron propostas presentadas polo portavoz do PP e deputado autonómico, César Fernández Gil, á conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela. Para César Fernández a vila de Ribadavia «precisa unha nova residencia, moderna, ben equipada e adaptada á normativa vixente, de tal xeito que se poida prestar aos usuarios un mellor servizo e que, ademais, se poidan recibir as axudas correspondentes á depedencia ao ter unha nova residencia adaptada aos criterios específicos que regulan estas axudas». No caso do centro de día, o portavoz dos populares considera que non se comprende que, a día de hoxe, un municipio como Ribadavia non dispoñe de este servizo para ofrecerllo aos sus veciños.