O Ribeiro conta con etiqueta propia para o 8M

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

Concello de Ribadavia e Consello Regulador presentaron a obra no Museo Etnolóxico

07 mar 2019 . Actualizado a las 20:36 h.

O viño do Ribeiro reivindicará ás mulleres e ás súas demandas coa celebración do 8M. E faino cunha etiqueta propia que foi presentada onte pola concelleira de Benestar, Muller e Igualdade, Noe Rodríguez, o alcalde, Ignacio Gómez, o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Juan Manuel Casares, e representantes das adegas que participan nesta iniciativa. Noelia Rodríguez foi a encargada de presentar unha iniciativa que «ten por obxecto outorgarlle visibilidade as mulleres que tiveron e teñen nesta denominación de orixe o firme compromiso coa produción de viños de calidade diferenciada». Referiuse a concelleira a que esta iniciativa tivo a súa orixe na celebración da Cata de Mulleres enólogas do Ribeiro organizado para conmemorar o Día da Muller no ano 2018 e agradeceu o apoio recibido por parte do Consello Regulador así como do propio Concello e das adegas participantes. Terra do Castelo, Bodegas y Viñedos Pazo de Casanova, Divino Rei, Viña Costeira, Cuñas Davia, Celme, Leive Ecoadega, Herdeiros de Avelino Lorenzo, Viña Carpazal, Mónica Albor, Pousadoiro, Son de Arrieiro, Dona Elisa, Val do Deva, O Alborexar no Ribeiro, Vilerma, Antonio Montero, Pazo Tizón, Priorato de Razamonde, Bodegas Docampo, A Portela, Campante e Viña Mein foron as adegas que se implicaron co proxecto. A etiqueta é obra de Amina Álvarez, alumna do CEIP plurilingüe Ribadavia que foi a gañadora do concurso convocado para ilustrar a data. O acto de presentación da etiqueta desenvolveuse no Museo Etnolóxico de Ribadavia.