A Festa da Istoria convida a todos os que queiran participar na organización

La Voz

RIBADAVIA

A fundación convocou unha xuntanza para o sábado

15 feb 2019 . Actualizado a las 13:47 h.

A Fundación da Festa da Istoria celebrará este sábado unha xuntanza para empezar a formar as diferentes comisións de traballo para a cita do próximo mes de agosto. A xuntanza será ás 19.00 horas na sede da fundación (19.30 horas en segunda convocatoria) e para a mesma están convidados todos os que queiran seguir formando parte da coordinadora durante este ano 2019 «e tamén se abren as portas a todos/as os/as que queiran entrar novos a formar parte desta organización». Desde a fundación agardan a que se animen a entrar novos membros para que así a festa siga con saúde ano tras ano «porque pensamos que sempre é bo, xa que aparecen novas ideas que levar adiante e sobre todo moita ilusión para seguir traballando», sinalan dende a organización. A Festa da Istoria deste ano celebrarase os días 30 e 31 de agosto.