A Confederación Hidrográfica autoriza as obras do novo campo de fútbol de Ribadavia

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

Santi M. Amil

O proxecto de herba artificial para O Xestal realizarase en base ás achegas do Concello e a Deputación

24 ene 2019 . Actualizado a las 20:29 h.

Na próxima tempada, a liga 2019-2020, xa se poderá disputar os partidos de competición oficial no novo campo de herba artificial de O Xestal. Así se anunciou onte dende o Concello de Ribadavia, logo de confirmar que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil deu a autorización correspondente para que se podan acometer os traballos para a creación do novo campo de fútbol. O Xestal quedara sen uso para acoller partidos oficiais, e mesmo para ter actividade en todo o campo, logo de decretar Fomento que non se podía usar toda a superficie do mesmo por coincidir unha parte coa zona de potencial perigo do trazado da autovía A-52, a Autovía das Rías Baixas. Segundo se lembra dende o Concello, este era un problema moi importante a resolver neste mandato e «foi posible grazas a que o grupo de goberno e o grupo de Compromiso por Galicia aprobaron os orzamentos, nos que viña contemplada a partida para o campo de fútbol, mediante unha cuestión de confianza, se non esta obra sería moi difícil de executar». O administración local aporta 100.000 euros para o proxecto e a Deputación de Ourense 200.000 euros. Concello e Deputación esperan ter adxudicada a obra nun prazo de dúas semanas.