A proxección de «Lucky» abre o ciclo «Sesións crepusculares»

La Voz

RIBADAVIA

cedida

O Cineclub Padre Feijoo suma «Miradas etnográficas» á oferta «Filmoteca»

07 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 18.00, 20.30 e 23.00 horas • Biblioteca • 4 e 5 euros • O Cineclub Padre Feijoo enceta esta semana un novo ciclo e comeza unhas semanas de intensa actividade, sumando unha nova edición do proxecto «Miradas etnográficas» ás sesións de filmoteca e ás proxeccións semanais dos mércores.

 

A programación de «Sesións crepusculares» abre hoxe co pase da película «Lucky», dirixida o pasado ano por John Carroll Lynch. Tendo vivido máis que os seus contempárneos, o ancián Lucky atópase no tramo final da súa vida, unha situación que o impulsará a unha «viaxe de autodescubrimento».

As cintas que forman parte deste ciclo son, xunto á que se proxecta hoxe, «Western», de Valeska Grisebach (14 de novembro); «Matar a Jesús», de Laura Mora Ortega (día 21); «Lean on Pete», de Andrew Haigh (día 28) e «A viaxe das súas vidas», de Paolo Virzi (19 de decembro).

 

Museo de Ribadavia

Este venres, día 9, comezará no Museo Etnolóxico de Ribadavia o ciclo «Miradas etnográficas 2018» coa proxección do documental de Plácido Romero «O tempo da Luparia». O día 16 proxectarase «Grab And Run», de Roser Corella, o 23 poderase ver «Os fillos da vide», de Ana Domínguez, e pechará a programación una sesión de curtametraxes de Olaia Sendón. Todos os pases serán ás 20.00 horas e gratuítos.

 

Colaboración co CGAI

As sesións de «Fimoteca», que se ofrecen en colaboración co CGAI, terán continuidade o día 19 -o 12 é festivo local-con «A ciambra».