Ribadavia transfórmase no escenario da Noite Meiga

La Voz

RIBADAVIA

A pasaxe do terror do castelo abrirá as súas portas ás 22.00 horas

03 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Dende as 17.00 horas ata a madrugada • Por toda a vila • Pasaxe de terror do castelo (22.00 a 01.00 horas): 4,50 euros • A capital do Ribeiro leva semanas desenvolvendo un programa de actividades vencellado á celebración que hoxe marcará a vida na vila. A Noite Meiga celebra os seus 18 anos de historia e faino cun programa cheo de actividades, que encetará ás cinco da tarde e non rematará ata ben entrada a madrugada. A esa hora abre o mercadiño de artesanía e de 18.00 a 20.00 horas hai baile feiticeiro para os cativos no Club Artístico de Ribadavia. O Desfile Meigo sairá da Fonte dos Canos ás 20.00 horas. Unha hora despois a cita é co Aquelarre das Donas sen Cabaleiros cos Taboleiros da Istoria. A pasaxe de terror do castelo abrirá ás dez da noite. Logo haberá queimada e concerto, entre outras propostas.