Premian á biblioteca de Ribadavia pola campaña de animación á lectura

La Voz

RIBADAVIA

cedida

O servizo foi galardoado cun dos María Moliner do Ministerio de Cultura

30 oct 2018 . Actualizado a las 13:01 h.

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia foi galardoada cun dos premios María Moliner, do Ministerio de Cultura, pola campaña de animación á lectura. A biblioteca da capital do Ribeiro suman desta volta un novo galardón aos conseguidos nos últimos tempos, cinco en total, xa que conseguiu un «Abril, mes dos libros» da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O proxecto premiado foi a iniciativa « A lectura para educar en igualdade de xénero», actividade que se desenvolveu ao longo de todo este ano 2018 e que incluía dende mostras bibliográficas ensalzando o papel da muller escritora, libros de fomento da igualdade de xénero, igualdade de oportunidades, contacontos, teatro e outras actividades.