Ribadavia acollerá un ciclo sobre a cultura do viño

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Santi M. Amil

As conferencias serán no Museo Etnolóxico da capital do Ribeiro

13 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá este mes, a partir do vindeiro mércores, un ciclo divulgativo sobre a cultura do viño. Do viño de Galicia 2018, que así se titula a iniciativa, inclúe tres conferencias e unha visita guiada. A primeira das intervencións correrá a cargo de Juan Manuel Rodríguez e centrarase no Ribeiro do Avia (día 17) e Isolina Rionegro falará sobre o viño nos mosteiros de Melón e San Clodio no Antigo Réxime (día 24). A charla do 25, todas serán ás 20.30 horas, será de José Luis Sobrado sobre o legado do viño. O 27 haberá visitas comentadas.